Coma unha cantiga
perdida no monte
así pasa a vida
e sécase a fonte.
Coma unha cantiga
perdida no monte
así corre a vida
coma auga da fonte.
Din que a señorita Pepis
anda buscando un amor
e foillo dar Xoán Quintá.
Ela quere outro mellor.
Ela é moza presumida
que se enzoufa coa pintura
e como custa ben cartos
traballa como unha burra.
Pero un día Xoán Quintá
que é home de malas pulgas.
-Quita a pintura esta noite
que vas arder como as Burgas.
-E logo así non che gusto?
-Gústasme, muller, gustas!
-Deixa logo que me limpe.
-Antes dareiche coa fusta.
-Pronto ha vir a tía Xoana
que anda a balear na eira.
-Anda batendo na parra
até que a deixe baleira.
-Boas noites Xoán Quintá
xa vexo que estás contento.
Pois vai pensando na voda
ou córtoche o que tes dentro!
-Tía Xoana non andabas
varrendo aló pola eira?
-Da grazas que vos pillei
ou ías quedar solteira.
-Miúdo susto nos deches
e a causa desta parada
trabóuseme a marcha atrás
e a Pepis quedou preñada.
Pois imos xa á vicaria,
o crego estará contento,
primeiro celebra a voda
e despois o nacemento.
E todos foron felices
Pepis, Xoana e Xoan Quintá.
E a banda do pobo toca
desde a noite até a mañá.
Na sombra dos meus amores
o teu recordo sen fin
é unha luz de colores
un adeus que nunca oín.
Escribir, escribir...
e así vivir.
Ver voar as bolboretas
coas súas follas de colores
perdéndose na espesura
como os tempos mellores.
Ver voando as bolboretas
entretendo os pensamentos
deixándoos voar con elas.
Amigo invisíbel
non sei onde estás,
síntote no aire,
síntote no mar,
síntote na cama,
ao irme deitar.
Amigo invisíbel,
sempre me acompañas,
de noite e de día,
á noite me amas.
E cantas co vento
na miña ventá,
e cantas cos ventos
cos ventos soáns.
Amigo invisíbel
de noite me amas,
non cantes,
non cantes
e vén para a cama.
Ondas que van e veñen
traendo escumas a centos
achegándose á Lanzada
coa forza dos oito ventos.
Amores, amores,
os teus os mellores.
Meu amor.
Son muller e cazadora,
e levo a presa no dente.
Son a xefa dunha manda,
manda de lobos da xente.
Cando escribo estou cantando
porque así escribo mellor
porque o sinto no meu peito
no bater do corazón.
HAIKU
Reciteille un verso ao mar
e o mar quixo bicarme,
coa boca dos peixes.
Secaron os meu ollos
de tanto mirar as estrelas
de día.
Tanto tempo mirando o ceo
que quedei cega.
Era de noite.
Quería ver o sol
pero o ceo cubriuse cun velo.
Ía chover.
As palabras voando,
onde irán?
Morreu un poeta
algo escintila no ceo.
PILY
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario